Estes dous importes serán os que formen a taxa definitiva.
Na nova ordenación tamén se recoñecerán unha serie de supostos, nos que se eximá ao litigante do pago destas taxas sinaladas. Entre outros supostos, os mais significativos serán os seguintes:
- A interposición de demandas e recursos nos procedementos sobre capacitación e filiación, como nos de garda e custodía de fillos e reclamacións de alimentos.
- A presentación da petición inicial no proceso monitorio, e na demanda do xuízo verbal en reclamación de cantidade cando a contía das mesmas non supere os 2.000 €. Non se terá dereito a esta exención cando a pretensión se fundamente nun documento que teñan o carácter de título executivo extraxudicial.
- A interposición de recursos contencioso – administrativos, cando o que se recorra sexa o silencio administrativo, ou a inactividade da Administración.
- Tamén estarán exentas do pago das taxas, as persoas con dereito á asistencia xurídica gratuíta.
Para ilustrarnos un xeito máis claro e comprensible, imos ver unha serie de exemplos
Se queremos iniciar un procedemento verbal, por importe de 5.000 €, que taxas deberiamos desembolsar? (Lembremos que o procedemento verbal se reserva para contías que non superen os 6.000 €)
A contía fixa da taxa será a que corresponda segundo o recadro superior, é dicir, 150 €. A estes deberemos sumarlle o 0,5% dos 5.000 € (contía en litixio), que serán outros 25 €. Polo tanto a taxa total ascenderá a 175 €.
No suposto de querer presentar un recurso de apelación contra unha sentenza ditada nun procedemento ordinario no que unha comunidade de propietarios reclama a un dos comuneiros o pago de 10.000 € de cotas adebedadas. A canto ascenderían as taxas?
En primeiro lugar, a parte fixa que segundo a táboa ascendería a 800 €. Pola súa banda a parte variable sería o 0,5% de 10.000 €, é dicir 50 €. Un total de 850 €. Lembremos non obstante que xa na primeira instancia debimos aboar un total de 350 euros (300 + 50).
Se queremos iniciar un proceso ordinario para reclamar un pago de 7.000 € unha vez que xa se intentara a través dun procedemento monitorio no que o debedor presentou oposición, a taxa que se devengará sera:
Por unha banda, 300 € na parte fixa e 35 € na parte variable. Neste caso ademais atoparémonos cunha situación especial, pois a nova regulación permite descontar das taxas a pagar nun procedemento, as aboadas con anterioridade nun procedemento monitorio que tratara de resolver o caso con anterioridade. No monitorio teriamos que ter pagado 135 €, polo que agora restaría por aboar a diferencia, é dicir, 200 €.